30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
30 ANOS DE HISTORIA
A asociación Cultural A Pantalla celebrará o vindeiro sábado, 24 de outubro, o seu trixésimo aniversario cunha ampla programación festiva e institucional en Xinzo de Limia. O colectivo limiao, nado en 1996 para protexer e difundir o símbolo do Entroido fronte á súa crecente masificación, conmemorará estas tres décadas de historia local cun acto solemne, unha cea de confraternización e unha festa musical aberta á vila.
A xornada arrincará ás 20,30 horas nas instalacións do Museo Galego do Entroido. Neste emblemático espazo farase un repaso á traxectoria da entidade e concederase a condición de socios honoríficos ás dúas primeiras xuntas directivas: a fundadora de 1996 e a refundadora do ano 2000. Ademais, a asociación tamén distinguirá a Federico Cocho, Edelmiro Cerredelo, Rafael Laso, Antón Riveiro Coello e Xosé Santos Otero pola súa inestimable contribución á agrupación e ao Entroido. Durante este evento, a organización recibirá a doazón dunha máscara antiga que se sumará de inmediato ao seu arquivo patrimonial.
Tras unha cea no restaurante Orly, a celebración trasladarase á rúa. A Praza de Oriente converterase nunha auténtica pista de baile ao aire libre grazas á música de Festicultores Troupe, que comezará ás 23,30 horas. A entidade defende que a mellor maneira de cumprir anos é facer que Xinzo baile cun dos grupos que mellor representa a esencia do Entroido.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último