Os pataqueiros da Limia valoraron os resultados do estudo SoildiverAgro
Sostibilidade
Entre os resultados, destaca o uso da planta trampa como técnica biolóxica para reducir os quistes de nemátodos
O estudo SoildiverAgro é un proxecto de investigación que pretende dotar ós agricultores de ferramentas para traballar cara unha agricultura máis sustentable, co obxectivo de innovar nas técnicas agrícolas, mellorando a rendabilidade das explotacións e a calidade do solo.
O Inorde vén de acollerr a presentación das conclusións ós pataqueiros da Limia por parte de David Fernández, director do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación da Universidade de Vigo. Expuxéronse os resultados, entre os que salienta o uso da planta trampa como técnica biolóxica para reducir o número de quistes de nemátodos que afectan as patacas.
Esta enfermidade reduce a produción do tubérculo, obrigando a declarar as fincas en cuarentena se supera determinados niveis, prohibindo sementar patacas nelas. “A pranta desenvolveuse ben, reducindo considerablemente a incidencia desta afección, evitando o desenvolvemento da enfermidade, o uso de nematicidas de síntese químico, que son moi tóxicos, e que se declaren as fincas en cuarentena”, explicou David Fernández.
Tamén se ofreceron resultados sobre a introdución de legumes nas rotacións das fincas. Incluíuse o chícharo nas rotacións, conseguindo unha redución no aporte de nitróxeno de orixe químico e pequenas melloras na produción, preto dun 10%.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DÍA DE LAS BIBLIOTECAS
Xinzo de Limia llena su biblioteca de actividades
Pulmón comercial
La plaza de abastos de Xinzo de Limia está lista para su reapertura
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 3 de noviembre
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 3 de noviembre