Rematou o curso de auxiliar de supermecado en Xinzo de Limia
Formación profesional
A formación incluíu reposición e xestión de pedidos, ademais de operacións con carretilla elevadora e manipulación alimentaria
O Concello de Xinzo de Limia, co apoio do Dispositivo Comarcal de Inclusión Sociolaboral de Maceda, realizou unha acción formativa centrada na formación como auxiliar de supermercado. No acto de clausura participou a concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Benestar, María Ángeles Martínez Marra.
O curso permitiu ó alumnado mellorar a súa cualificación profesional a través de formación en reposición e xestión de pedidos, e complementouse con operacións con carretilla elevadora e manipulación e hixiene alimentaria. No curso participaron 12 persoas procedentes de Xinzo, Vilar de Santos e Sandiás, e complementaran esta formación cun obradoiro de busca activa de emprego.
O Dispositivo Comarcal de Inclusión Sociolaboral de Maceda presta atención a 22 concellos da provincia de Ourense, entre eles o de Xinzo de Limia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Música tradicional
El sonido de la gaita conquistó las calles de Xinzo de Limia
INFRAESTRUCTURAS
Xinzo estrena nueva travesía con carril bici y zonas verdes
AGENDA COMPLETA
Xinzo vive el último día de las Fiestas de Santa Mariña
Lo último
LANCHA DE 400.000 EUROS
Un tráiler con una posible narcolancha queda encallado en el río Miño en Caminha
DEMOSTRACIONES DE COCINA Y CATAS
Diecinueve bodegas se preparan para la XIX Feira do Viño de Monterrei este fin de semana