DIVULGACIÓN DE AYUDAS
Xinzo encabeza la lista de las villas con más vivienda vacía
Falta de atención
Gudín é unha aldea no concello de Xinzo de Limia que ten uns trinta veciños. Hoxe por hoxe enfróntase a unha realidade na que non teñen auga potable dende hai un ano, tendo que comprar auga embotellada para poder beber e cociñar.
O problema comezou o mes de maio de 2024, cando segundo comentan varios veciños “o sabor da auga cambiou”. Dende entón, algúns coma Rosa Seoane, deixaron de bebela, “estámonos duchando con ela e esperamos que non sexa un problema”.
Os veciños de Gudín están constituídos nunha comunidade de usuarios de augas, xa que gozan de catro mananciais na serra do Larouco. Segundo comenta Rosa, algúns veciños negaban a situación e “dicían que era cousa nosa, ata que empezamos a facer as analíticas”, nas que viron as condicións nefastas da auga. Algúns veciños “estiveron moi malos porque colleron bacterias”, comentaron outros.
En decembro, os usuarios da comunidade de augas convocaron unha asemblea, na que se aprobou transferir a titularidade da concesión, que lles outorgou a Confederación Hidrográfica, ó concello de Xinzo, facendo chegar esta petición ó goberno municipal no mes de marzo.
O concello aprobou no pleno ordinario do 10 de abril adquirir a titularidade, e segundo comenta Amador Díaz, alcalde de Xinzo, “unha vez aprobado, solicitámoslle á Confederación a concesión”.
Os veciños reclaman que se “ían facer rápido as cousas”, ademais de que levan “dende antes da Pascua sen subirnos botellas de auga”. Esta é a medida que se tomou para paliar a situación, aínda que “véñenche cada quince días ou vinte con catro ou cinco garrafas, que non chega a nada”.
O PSdeG de Xinzo demándalle ó alcalde que “axilice os trámites necesarios” para acometer estas obras, que non só deben incluír a instalación da depuradora, senón que deben acometerse melloras na rede de suministro. “Hai canos rotos no pobo, e non os veñen amañar”, explica Rosa. “Temos o pobo que parecemos do terceiro mundo”.
O alcalde aclarou que a semana pasada “requiríronnos máis documentación dende a Confederación”. Tamén explicou que “a empresa ten preparado todo para acometer a obra”, e que “este sábado imos levar auga”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DIVULGACIÓN DE AYUDAS
Xinzo encabeza la lista de las villas con más vivienda vacía
CONCURSO GASTRONÓMICO
El Concello de Xinzo de Limia tilda el Patapas de “éxito” para la economía local