Xinzo acolle a VI edición de Alimagro no mes de setembro

Produtos agrícolas

Esta nova edición organízase coa premisa de que a pataca continúa gañando importancia na agricultura

Feira de Alimagro 2024.
Feira de Alimagro 2024. | Miguel Ángel

Dende o venres 5 ata o domingo 7 de setembro, a vila de Xinzo de Limia convertirase nunha das capitais estatais do sector agrario ca celebración da sexta edición da Feira Alimagro.

Esta edición organízase baixo a premisa de que a pataca continúa gañando importancia e peso dentro da agricultura galega, malia que ten moitos retos que superar para garantir a súa rendibilidade.

Dentro do seu programa tamén se inclúe a celebración da terceira Xornada Ténica da Pataca, que prestará especial atención á sanidade vexetal, á eficiencia na fertilización e á calidade e cantidade de auga para a rega, xunto a un prólogo centrado na produción e comercialización da pataca. Será o xoves 4, servindo de víspera para a feira.

Cómpre prestar especial atención á Feira de Maquinaria, que segundo apunta Amador Díaz, alcalde de Xinzo, “é unha das máis importantes”. O alcalde aclara que Alimagro “vai collendo certo renome a nivel nacional”, e que xunto á Feira de Maquinaria é “un referente na exposición de tractores e maquinarias, onde están presentes todas as marcas punteiras”. Rodeará o Parque do Toural e estenderase ó longo da rúa Dous de Maio.

Tamén terá lugar a Feira da Pataca, que se colocará no polideportivo da localidade, onde estarán presentes algunhas das empresas máis destacadas do sector do cultivo da pataca, tanto a nivel rexional como nacional. Díaz adianta que “hai expositores de fóra de Galicia que se puxeron en contacto con nós para asistir”, ademais de que os asistentes poderán desfrutar dunha nova edición da Tortilla Xigante, sendo xa a terceira, ademais de degustacións dentro da feira. “Intentaremos atraer a máis xente de fóra, non só de Galicia, e ser unha feira atractiva para que se acheguen visitantes de zonas onde a pataca sexa un produto relevante”, afirmó Amador Díaz.

Contenido patrocinado

stats