Novos espazos para novos tempos no colexio O Ruxidoiro de Barbadás
Os colexio do Ruxidoiro, en Barbadás, traballa na creación dun novo espazo verde para ampliar as aulas cara ó aire libre mentres aproveitan ó máximo tódalas posiblidades da súa nova biblioteca, chea de espazos innovadores
Situado na Valenzá, o colexio O Ruxidoiro apota por diferentes metodoloxías que axuden a darlle resposta ás necesidades do alumnado, así como ás inquedanzas das familias. "Este é un ano atípico pola situación de pandemia que estamos a vivir mais no centro tratamos de continuar coa nosa labor como mellor sabemos", explican dende o equipo directivo.
Aulas abertas á natureza
Mostra disto sería o proxecto presentado ó Concello de Barbadás para habilitar unha zona verde no centro. O obxectivo desta proposta é poder contar cunha áres onde realizar actividades diferentes nunha contorna privilexiada. Este proxecto supón unha renovación do espazo verde que xa teñen pero contando agora con recunchos para aulas ó aire libre, anfiteatro, camiños sensoriais, horta, compostaxe, árbores autóctonas ou comedores naturais para paxaros, entre outros. "Unha volta aos orixes, recuperando as tradicións cos pés na terra", aseguran sobre a finalidade deste novo espazo.
A biblioteca
A comezos do curso pasado, comezaban no Ruxidoiro as obras da biblioteca. "Non é que non nos gustara a que tiñamos, é que xa nos quedaba pequena para os libros, para as actividades que faciamos e para os nosos momentos de lectura". Foi por iso que decidiron trasladala ata o andar principal, onde agora "todo son vantaxes". O acceso para tódolos grupos é agora mellor, contan con máis espazo para libros e teñen a posibilidade de realizar actividades de animación á lectura para varios grupos á vez.
"Foron meses de moito traballo e fíxose grazas a tódolos voluntarios e traballadores do centro" e foron os axudantes de sexto de Primaria os que se encargaron de poñer orde nos volumes literarios e dar o pistoletazo de saída para estas novas instalacións. Unha zona de novidades e xogos de mesa, outra para as primeiras lecturas de Infantil, unha área de Primaria con libros e contos clasificados con pictogramas para a súa fácil identificación, unha zona de colaboracións, un espazo TIC e outro de traballo para os axudantes de ordenadores, encerado dixital e proxector completan esta nova biblioteca, que foi inaugurada con tres días de animación á lectura con Magín Blanco, Pablo Nogueiras e Susa Herrera.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último