XORNAL ESCOLAR
Preguntas frecuentes sobre la fiebre infantil
É un momento de moita emoción en calquera familia. Ese no que o que ata agora era o bebé da casa dá o paso cara a súa seguinte etapa vital: o colexio. Cada ano, son os máis pequenos os protagonistas dos choros, dos sorrisos ilusionados e das imaxes máis emocionates do primeiro día de clase. A partir de aí, comeza para eles un mes cheo de descubrimentos e sorpresas que se coñece como período de adaptación.
Agora, iniciado xa o mes de outubro e establecidos nas súas novas rutinas escolares, este período finaliza deixando nos máis cativos un proceso de aprendizaxe que lles permite, tanto a eles como ás familias, irse afacendo cos novos horarios, ós compañeiros e á aula, ese espazo no que irán aprendendo moitas cousas cada día. Ó mesmo tempo, o período de adaptación tamén lles permite ós profesores ir coñecendo a cada un dos seus novos alumnos e, todos xuntos, habituarse para os nove meses que van compartir e que supoñen o comezo da súa vida académica.
As aulas de Educación Infantil de Franciscanas están cheas de xogos, de emocións ou das primeiras responsabilidades. Alí, durante as primeiras semanas do curso, xa se comezaron a forxar as primeiras amizades -que en ocasións durarán toda a vida- e as novas rutinas xa marcan o calendario da nova vida dos máis novatos do cole.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
"NO LLAMEIS ACUERDO A LA DERROTA"
Trump ofrece un plan de paz de 15 puntos a Irán y Teherán se niega a un acuerdo: "No volveréis a ver los precios del petróleo de antes"
QUEDÓ SEMIINCONSCIENTE
Herida grave una septuagenaria en Tomiño tras ser atacada por una decena de perros