Campamento Urbano de Amencer
Campamento Urbano de Amencer

O Campamento Urbano de Amencer, un clásico das vacacións

Xornal Escolar

Publicado: 23 sep 2026 - 08:15 Actualizado: 23 sep 2026 - 08:15

Ourense/ A asociación xuvenil Amencer volveu converter Ourense no seu escenario estival do lecer e da convivencia xuvenil coa 39 edición do seu xa tradicional Campamento Urbano, unha iniciativa plenamente asentada no calendario das vacacións escolares da cidade que nesta ocasión desenvolveuse baixo o lema “O noso verán, a nosa historia”. Despois de case catro décadas de traxectoria ininterrompida, o proxecto mantén intacto o seu espírito orixinal e a súa enorme capacidade de convocatoria entre a xente nova.

Nesta entrega o campamento acadou un éxito notable ao superar o milleiro de participantes, sumando un total de 1.004 persoas implicadas no conxunto das súas propostas. A cifra inclúe a participación directa de 782 rapaces e rapazas xunto con 123 mozos e mozas, aos que se engadiu o labor fundamental dos 99 animadores e animadoras.

A programación deseñouse para abranguer amplas franxas de idade con actividades distribuídas ao longo de todo o día. Durante as mañás e as tardes as propostas enfocáronse na rapazada de entre 8 e 16 anos, mentres que as noites reserváronse para a mocidade maior de 16 anos. Grazas a esta variada oferta, a iniciativa volveu transformar o concello ourensán nun punto de encontro privilexiado para o lecer saudable, a integración social, a celebración colectiva e a promoción do protagonismo da xuventude.

Na despedida de maiores vendo a eclipse
1/11 Na despedida de maiores vendo a eclipse
Na Praza Maior gozando do día da Boa Xente
2/11 Na Praza Maior gozando do día da Boa Xente
Conquistando a provincia de Ourense no Día da Provincia
3/11 Conquistando a provincia de Ourense no Día da Provincia
Equipo gañador da conquista da provincia
4/11 Equipo gañador da conquista da provincia
No Casco Vello no roteiro de Alexandre Bóveda
5/11 No Casco Vello no roteiro de Alexandre Bóveda
Saíndo cara as pontes no día da benvida
6/11 Saíndo cara as pontes no día da benvida
Os rapaces de 9 anos na Ponte Romana
7/11 Os rapaces de 9 anos na Ponte Romana
Os rapaces gozando da explicación no camión de bombeiros
8/11 Os rapaces gozando da explicación no camión de bombeiros
O grupo dos maiores no día da despedida
9/11 O grupo dos maiores no día da despedida
Repartindo o postre ós rapaces no derradeiro día do campamento
10/11 Repartindo o postre ós rapaces no derradeiro día do campamento
Xogando na noite dos pequenos
11/11 Xogando na noite dos pequenos

Contenido patrocinado

También te puede interesar

Lo último

stats