Carmelitas-Vedruna, innovando no ensino

XORNAL ESCOLAR

O programa de Ipad facilita modelos e aprendizaxe que combinan o desenvolvemento do traballo cooperativo co desenvolvemento das intelixencias múltiples

Nuria Diéguez

Publicado: 11 feb 2015 - 15:13 Actualizado: 12 feb 2015 - 13:24

Yolanda Álvarez.
Yolanda Álvarez.

O colexio Santa Teresa de Jesús, Carmelitas–Vedruna conta con máis de 135 anos de historia e cun estilo educativo propio.

Qué servizos ofrece o centro?

O Colexio ofrece variados servizos para atender as necesidades das familias e do alumnado: Servizo de comedor con cociña propia, servizo de internado que se caracteriza por un ambiente familiar, una estreita colaboración co profesorado, asistencia individualizada e fluída comunicación coas familias, a aula de madrugadores que, dende as 7:30 ata o comezo do horario lectivo, é atendida por persoal especializado e o Departamento de Orientación.

Qué actividades se organizan despois da xornada escolar?

Ofrecemos diversas actividades ao alumnado, una vez finalizado o curso escolar: Talleres de verán, Campamento Itinerante Vedruna, Curso English and Sports Summer Camp, Programas de Inmersión lingüística (Brighton), Cursos de Inglés no estranxeiro (EEUU). A aposta polo fomento do deporte é un dos puntos fortes do centro que posibilita a práctica tanto de deporte regrado con equipos de baloncesto, fútbol sala, voleibol e xadrez como a realización de actividades físicas como danza, aeróbic ou psicomoticidade...todas organizadas polo Club Vedruna.

Qué proxectos de innovación se levan a cabo nas diferentes etapas educativas?

O Proxecto Ipad class: desenvolvendo intelixencias múltiples e traballo cooperativo na Etapa de Ed. Infantil e 1º ciclo de Primaria, O Proxecto: Coñece a túa Cidade na ESO, O Proxecto KitCaixa Jóvenes Emprendedores e o Programa de Educación Financiera co alumnado de 3º ESO e O Proxectos de investigación en ciencias e humanidades en Bacherelato.

Cal é a valoración dos programa de educación infantil IPAD de intelixencias multiples?

A valoración é moi positiva porque o alumno explora con liberdade e independencia, pero dentro dunha estrutura de centros de aprendizaxe e respectando os ritmos persoais de cada un. Facilita modelos de aprendizaxe que combinan o desenvolvemento do traballo cooperativo co desenvolvemento das intelixencias múltiples. Ademais ao longo do mes de xaneiro impartimos unha formación específica ás familias destes alumnos e alumnas sobre a utilización dos Ipad, para darlles a coñecer a metodoloxía de traballo que o profesorado está a seguir e as aplicacións máis relevantes para o alumnado desta etapa.

O colexio forma parte da rede de centros plurilingües de Galicia, en que proxectos traballa a dirección do centro para fomentar o uso da lingua estranxeira ?

O colexio participou no Programa Leonardo da Vinci, participa no Proxecto de Sección bilingües, no Proxecto para mellorar a competencia lingüística do alumnado de linguas estranxeiras con auxiliares de conversación, no Proxecto Tardes de Inglés en Infantil ademáis todos os anos organizamos de English Week (Semana da Lingua Inglesa) en Primaria, Secundaria e Bacharelato. Ofertamos un Programa de Actividades extraescolares de inglés con horarios flexibles, ofréceselle ao alumnado de Primaria a posibilidade de participar no verán no Curso English and Sports Summer Camp impartido por profesorado especialista de inglés e nativos. Para o alumnado de Secundaria e Bacharelato ofertamos un Programa de Inmersión lingüística no Reino Unido (Brighton) e un Curso de verán de tres semanas en EEUU. O Colexio de CARMELITAS é Centro examinador de CAMBRIDGE. No verán de 2013, os profesores especialistas de inglés recibiron cinco Becas COMENIUS.

O vindeiro curso 2015-2016 o Colexio vai participar nun Programa Teacher Assistant en España e no Programa de Becas High School da Fundación Barrié e da Fundación Amancio Ortega.

Contenido patrocinado

stats