XORNAL ESCOLAR
Preguntas frecuentes sobre la fiebre infantil
O colexio da Ponte viviu a pasada semana un dos seus maiores eventos deste curso: a primeira edición da Feira do Libro. Durante dous días, o alumnado do centro educativo ourensán foi pasando por este particular mercadiño literario instalado no ximnasio.
A proposta, que partiu da Biblioteca do centro e da mestra de Educación Física, foi un éxito entre os alumnos e, ademais de adquirir novos libros para as súas bibliotecas particulares, mozos e mozas gozaron dun montón de actividades paralelas coa literatura sempre como telón de fondo.
A idea desta Feira do Libro, que nace con vocación de continuidade no colexio da Ponte, é que os libros que tanto gustaron e que xa foron lidos moitas veces, poidan ser lidos por outros compañeiros, viaxando a outros fogares.
O alumnado participou doando un ou varios libros, que lle foron entregando ós seus titores na aula. Por cada libro entregado recibiron un “valepontiña” co que, na súa visita á feira puideron canxealo por outro libro que elixiran.
Alumnos e profesores implicáronse ó máximo nesta primeira edición da Feira do Libro tanto na doazón de libros como nunha decoración moi especial chea de máscaras, bandeiras e adornos. E xa están desexando que chegue a segunda edición dunha iniciativa tan divertida.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
Cinturón de castidad
Fernando Jáuregui
Tenemos un Gobierno extraño
SEMANA SANTA LOCAL
Aurelio Blanco recordó otras semanas santas en su pregón