Xornal Escolar
Tempo de troula e de conciliación con Amencer
O alumnado de cuarto de Educación Primaria do CEIP Ribadavia viviu unha experiencia moi enriquecedora e entrañable colaborando coa residencia Nosa Señora dos Anxos da mesma localidade. Ata alí trasladáronse os estudantes para participar xuntó ós seus usuarios do centro na elaboración dunhas alfombras florais co gallo da celebración do Corpus Christi.
Foi unha xornada moi especial na que grandes e pequenos compartiron vivencias arredor deste traballo artesanal que cada ano adorna as rúas da vila do Avia nesta celebración. Dende o colexio amósanse moi agradecidos ó centro residencial pola boa organización da actividade, que foi moi ilusionante para os cativos e os seus profesores.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xornal Escolar
Tempo de troula e de conciliación con Amencer
Xornal Escolar
O Campamento Urbano de Amencer, un clásico das vacacións
Lo último