Xornal Escolar
Galería | Ecovigilantes plantan cara a las colillas
O Colexio Cardenal Cisneros recibiu a visita de Arturo Fernández Araujo. Como alumno que fora do centro, tivo como profesor ó etnógrafo Xaquín Lorenzo “Xocas” -que foi mestre nese colexio durante moitos anos- que lle transmitiu o amor á nosa terra e á cultura tradicional. Seguindo a estela do historiador ourensán, imparte charlas divulgativas para que non nos esquezamos do traballo que facían os noso devanceiros..
Nesta ocasión achegou ao alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria aos cabaceiros, hórreos, canastros, ... Estes son algún dos nomes que se lle dan a esas construcións de uso agrícola destinado a secar, curar e gardar o millo antes de debullalo e moelo. “Como elemento patrimonial en perigo de extinción, hai que coñecelos, coidalos e conservalos”, díxolles Arturo.
Puideron observar diferentes tipos de millo e a súa historia e usos; as tipoloxías dos hórreos, as súas partes e os elementos ornamentais, a súa localización,... Todo iso a través de maquetas realizadas por el mesmo a escala e unha morea de fotografías escollidas entre as miles delas que ten dos diferentes canastros galegos e de todo o mundo.
Unha semana enriquecedora na que os nenos e as nenas de Cisneros escoitaron as explicacións do especialista e percorreron a exposición con grande interese e curiosidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ENTRE EL RESPALDO Y LAS CRÍTICAS A ESPAÑA
Los ministros de Interior de la UE afrontan este martes la tragedia humanitaria de Ceuta
MÍNIMO DE CASI DOS DÉCADAS
El paro sube en julio hasta los 2,31 millones pero el desempleo juvenil alcanza un mínimo histórico
DEL CALDEIRO A LA MESA
Carne ao caldeiro en Ourense: dónde comer este plato gallego en verano