Xornal Escolar
Galería | Ecovigilantes plantan cara a las colillas
"European youth, your voice will be heard” para os alumnos de segundo de ESO e “Together for a sustainable Europe”, para os de terceiro, son os títulos dos dous proxectos que o colegio Guillelme Brown desenvolveu durante a pasada semana dentro do seu programa de Erasmus. Para levalos a cabo recibiron a alumnos de Polonia, Lituania, Alemania (Stuttgart e Rust) e Croacia, que foron acollidos por familias do centro.
Todos os participantes seguiron un programa de actividades moi variado, que tamén serviu para fomentar a convivencia entre todos eles. Un obradoiro de baile galego, visitas a Ourense, Santiago ou Vigo, ou costumes coma o tradicional baño en Outariz, complementáronse cos traballos desenvolvidos en grupos cooperativos internacionais co tema principal de Europa e a mellora da sostenibilidade dende as escolas ata cada país europeo.
En total, 52 alumnos e 10 profesores de toda Europa descubriron Ourense da man da comunidade educativa do Guillelme Brown, que durante o que resta de curso tamén visitará cada un dos países participantes. A primeira parada será Lituania durante o mes de outubro.
Mentres, aínda conservan as lembranzas de todo o que aprenderon, traballaron e, sobre todo, se divertiron durante estas primeiras xornadas de convivencia europea.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ARCHIVO SIN PREJUICIO PATRIMONIAL
Cuentas archiva la denuncia del PSOE por la gestión de la Sanidad madrileña
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas