Das cores ás cinzas
entroido
Os estudantes están inmersos nunha serie de actividades medioambientales como o visionado dunha película, actividades de reforestación, o coidado do horto ou o proxecto de decoración do centro "Escola ponte guapa"
A temática escollida este ano para celebrar o Entroido no CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez estivo estreitamente relacionada cun proxecto no que están a traballar este curso. Denomínase "Das cores ás cinzas" e nel participan os escolares de Infantil e Primaria, xunto aos seus profesores e á colaboración da Anpa.
No mes de febreiro comezaron cunha proposta do equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro, que convidaba durante ese mes a ver en todas as aulas a película "O bosque animado", para despois comentar cos escolares o valores e contravalores que aparecían nela. Posteriormente, cada grupo tiña que decidir o seu disfraz coa temática do bosque.
Foi nese momento cada xurdiu unha gran idea, no momento que o grupo de 1º de Primaria decidiu disfrazarse de bosque en cinzas. Pensaron que sería unha boa oportunidade para expresar a través dos disfraces a vida que se pode atopar nun bosque, o bosque das cores, e a destrución á que podían levar os humanos, o bosque das cinzas, relacionando as accións destrutivas cunha frase da película que impresionou aos nenos, xa que cando os animais querían desexar bos sorte dicían "Que o ser humano te ignore".
Proxecto medioambiental
O proxecto inicial que marcou este ano os disfraces do Entroido denomínase "Entre salgueiras, bidueiros e carballos", que se completa coas acción que realizan na horta escolar, coa actividade "Escola ponte guapa" (na que un día á semana se adican a encher o colexio de plantas e de flores), con saídas medioambientais para coñecer a contorna, e cunha reforestación que levarán a cabo no monte de Palmés.
Esta actividade coa que os escolares están a aprender moito é posible gracias á implicación do profesorados e de todas as persoas que traballan no centro no desenvolvemento desta proposta como o equipo da biblioteca, o de dinamización la lingua (do que partiu a proposta), do equipos Tics, etcétera. Non nos podemos esquecer da estreita colaboración da Anpa en todas as actividades que propón o centro, así como todas as familias que axudan en todo o que lles solicitan, soamente así é posible que os escolares adquiran unha formación integral e en valores desde idades temperás.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
GRAN BELÉN NAVIDEÑO
Quince metros cuadrados de tradición en un belén familiar de Ribadavia
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Los silencios de Cerdán
UN SIMPLE CORREDOR
El Gobierno deja en el aire la construcción de la A-56
CONCELLO DE OURENSE
El interventor ve “trato desigual” en la valoración de ofertas del bus urbano