Xornal Escolar
Galería | Ecovigilantes plantan cara a las colillas
O colexio de Seixalbo iniciou este curso sen o servizo de biblioteca por unha boa causa. O espazo, moi querido entre a comunidade educativa, foi renovado completamente para ampliar os seus servizos e modernizar as instalacións. Finalmente o pasado mes de febreiro, os alumnos xa puideron comezar a gozar da nova biblioteca e hoxe, tres meses despois, converteuse nun lugar máis querido aínda.
As obras, financiadas pola Consellería de Educación, non foron pequenas, pero pagaron a pena. Consistiron na demolición de tabiques de separación de locais destinados a antigos laboratorios e almacéns para poder acadar un uns 203 metros cadrados cheos de libros, actividades, aprendizaxe e diversión.
Así, hoxe os alumnos teñen a súa biblioteca como un espazo no que, ademais de mergullarse nos libros que xa poden levar en préstamo de novo, tamén xogan cos diferentes xogos e nos recreos a actividade non cesa. Hai recunchos para tódolos gustos e un dos máis especiais é o burro con disfraces que lles permite crear grandes historias.
Alí desenvólvense tamén as actividades dos Polos Creativos e mesmo se animaron a fabricar o seu propio satélite para enviar ó espazo exterior, aproveitando que o universo é o tema central do seu proxecto global deste curso. Pero aí non remata todo… A nova biblioteca tamén ten un estudio de radio, onde os alumnos elaboran os seus propios podcast.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
HABLAN LOS PROFESIONALES DEL TRANSPORTE
“Ou parar ou traballar a perdas”: el combustible amenaza al transporte
NUEVO ESPACIO DE ACOGIDA
Galería | El traslado de los migrantes de las playas al puerto de Ceuta, en fotos