Xornal Escolar
Galería | Ecovigilantes plantan cara a las colillas
XORNAL ESCOLAR
Con aplausos dos seus compañeiros e compañeiras do colexio. Así recibiron a nova os escolares de 1º de Primaria do CEIP de Oímbra: eran os gañadores do concurso Xornalistas na Escola da súa categoría!
"Diario do CEIP de Oímbra" foi o traballo elaborado por este grupo que quería plasmar nas catro páxinas as actividades máis salientables do curso. Primerio escolleron os temas entre todos e despois redactaron cada unha das novas. O seguinte paso foi o reparto de tarefas entre o alumnado: uns escribirían as noticias, outros os titularos e entre todos lle deron forma para acadar un fantástico resultado final.
Durante semanas aproveitaron os momentos que tiñan libres para adicarse á elaboración do seu xornal. Con esta actividade didáctica potenciaron o traballo en grupo xa que tiveron que escoller entre varias novas as que ocuparían as páxinas do seu xornal. Esforzáronse moito na redacción e na caligrafía e ademais amosaron estar moi motivados xa que, ademais de tratarse dunha actividade diferente, fíxolles moita ilusión ver o seu xornal publicado e que moita xente fora testemuño do seu esforzo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
Ourense cubre sus seis plazas vacantes en la repesca MIR
Portal Martínez Soto
TÚ FARMACÉUTICA INFORMA
Protección solar: buenas prácticas desde la oficina de farmacia