Xornal Escolar
Galería | Ecovigilantes plantan cara a las colillas
Xornal Escolar
O colexio de Seixalbo pecha o curso cun novo mestre que non pasa desapercibido polos corredores. Pódese dicir que é o profe mais popular do centro, porque é un mestre diferente… que non pon notas, que acompaña e escoita e cunha paciencia infinita. É peludo, suave, esponxoso e de catro patas. Enmarcado dentro dos Programas Educativos da Consellería de Educación, dentro de Innova-Lab, implementouse desde o Departamento de Orientación, un proxecto pioneiro, innovador e inclusivo: o proxecto Botón.
Botón é un caniche toy. É un can de apoio educativo, seleccionado e adestrado rigurosamente para traballar con todo o alumnado do centro educativo, e mais concretamente co alumnado TEA, co alumnado con dificultades de comportamento, así como tamén co alumnado con dificultades de aprendizaxe. Ademais co alumnado de sexto de Primaria fai animación á lectura durante a hora de ler, contribuíndo a crear un ambiente mais motivador e relaxado durante estas sesións.
Botón é un “recurso vivo”, de apenas 25 centímetros e 2,5 kilos, que axuda a reducir a ansiedade e a frustración, facilitando a motivación do alumnado cara á aprendizaxe. Actúa como dinamizador na aula e tamén como regulador emocional, favorecendo un clima positivo e seguro. O alumnado que a miúdo presenta dificultades na comunicación e na interacción social, atopa en Botón un vínculo afectivo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
NEGOCIO EN PLENO FUNCIONAMIENTO
Las hamburguesas de la Estación de Loman en Ourense piden relevo tras casi 15 años: "Queremos cambiar de vida"
SIN RECUPERAR LA NORMALIDAD
El Gobierna cifra en más de 2.000 los irregulares que siguen en Ceuta tras entrada masiva de migrantes