Xornal Escolar
Galería | Ecovigilantes plantan cara a las colillas
O alumnado de primeiro e segundo da ESO do colexio Maristas participou na Semana da Historia, unha iniciativa educativa centrada nesta edición na Idade Media e que combinou aprendizaxe e actividades prácticas ao longo de varios días. Durante a semana, as dúas últimas horas lectivas de cada xornada estiveron dedicadas a diferentes propostas organizadas desde varias materias. Así, o alumnado puido achegarse á cultura medieval a través dun taller de escritura gótica, impulsado desde as áreas de Linguas, e dun concerto medieval preparado desde a materia de Música.
Ademais, desenvolvéronse distintos obradoiros coordinados desde Educación Plástica e Titoría, entre eles actividades de traballo co coiro, deseño de vidreiras e elaboración dun bestiario. Nesta última proposta, cada estudante creou o seu propio animal mitolóxico como reflexo dos seus valores e da súa personalidade. A programación completouse cun Museo Etnográfico instalado no centro, no que o alumnado puido coñecer costumes e formas de vida tradicionais. Este espazo foi posible grazas aos materiais cedidos pola Asociación Queixumes dos Pinos, a Fundación Festa da Istoria e a Parroquia de Santo Domingo. A semana culminou cunha feira de xogos tradicionais, organizada con materiais procedentes do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
FÚTBOL SALA
El Ontime, de vuelta en cancha
MÁS DE 80.000 EUROS
El Concello de Verín, sancionado por vertidos sin depurar al río Támega
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
DEBERÍA ESTAR LISTO EN 2029
Luz verde al nuevo acceso al CHUO desde la N-565