Xornal Escolar
Galería | Los Ecovigilantes descubren el mundo de las abejas
Xornal Escolar
Encontro en Celanova como broche final do V Seminario Intercentros de Profesorado de Secundaria de Música e Educación Física, que este ano levou por título “A ritmo de swing na Bela Auria de Otero Pedrayo”. No evento participaron un total de 12 docentes pertencentes a seis centros da provincia de Ourense (IES Celanova, IES Aquis Querquernis de Bande, IES Chamoso Lamas do Carballiño, CPI Terras de Maside, CPI Antonio Faílde de Cambeo e IES O Couto de Ourense) e dous centros da provincia de Pontevedra (IES Laxeiro e IES Ramón María Aller Ulloa, de Lalín).
A formación estivo a cargo dos bailaríns Pablo Sánchez e Julia Rodríguez, fundadores do proxecto “Big South”. Ao longo do seminario, o profesorado participante puido afondar na metodoloxía de aprendizaxe do baile Shim Sham, adaptado ao contexto educativo da etapa de secundaria. O seminario culminou cunha xuntanza de todos os centros participantes no claustro gótico do IES Celanova. Nesta actividade final propóñese unha viaxe simbólica á Bela Auria evocada por Otero Pedrayo, a través de distintas propostas arredor da súa poesía e da música da época, interpretada ao vivo por alumnado dos centros de ensino. Trátase, deste xeito, dunha pequena homenaxe no marco do Ano Oteriano. Todo co obxectivo de poñer en valor o papel da música na Educación Secundaria.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xornal Escolar
Galería | Los Ecovigilantes descubren el mundo de las abejas
Xornal Escolar
Galería | Creatividade e innovación no colexio de Mende
Xornal Escolar
Galería | Unha gran biblioteca viva polo Día do Libro
Xornal Escolar
Galería | Tradicións cheas de diversión en Amencer
Lo último