Xornal Escolar
Tempo de troula e de conciliación con Amencer
Xornal Escolar
A asociación xuvenil Amencer organizou unha nova edición da “Feira sen Fume”, unha xincana lúdica e educativa desenvolvida nos campos, pórticos e xardíns do colexio Salesianos de Ourense. A actividade estivo aberta a toda a rapazada de 6 a 14 anos, incluíndo os integrantes dos grupos Saltimbanquis, Andaina e ADS, co obxectivo principal de conmemorar o Día Mundial sen Tabaco e previr o inicio deste hábito entre a mocidade. A través do xogo e en clave cooperativa, os pequenos grupos de participantes tiveron que superar diversas probas temáticas como “Escapa do tabaco”, “Bomba de fume”, “Memori do tabaco” ou “Desmentindo mitos”, deseñadas para dar a coñecer os riscos do tabaquismo e a importancia de coidar o medio ambiente. Un xeito de aprender xogando e descubrir hábitos de vida saudables desde unha perspectiva dinámica.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xornal Escolar
Tempo de troula e de conciliación con Amencer
Xornal Escolar
O Campamento Urbano de Amencer, un clásico das vacacións
Lo último
TRAS VARIOS AÑOS DE ESPERA
El Consejo de Ministros aprueba el Reglamento del Estatuto de la Ciudadanía Española en el Exterior