Xornal Escolar
Galería | Ecovigilantes plantan cara a las colillas
A medida que a normalidade se vai instalando de novo nas nosas vidas, van voltando as tradicións que a pandemia obrigou a paralizar. Volveron os Magostos, o Nadal, o Entroido e agora, tal e como manda o calendario, era o turno dos Maios.
A festa, unha das máis agardadas polos ourensáns, xuntou na Rúa do Paseo a milleiros de persoas para cantar as coplas dándolle a benvida ó bo tempo e encheu de musgo, carrabouxos e xestas a decoración urbana. Pero antes, tocaba preparar os maios.
Por iso, dende a Concellería de Educación organizaron varias sesións de elaboración destas estructuras tradicionais no entorno de San Francisco, convidando a diferentes colexios da cidade a participar da tradición. Os centros José García de Mende e Cardenal Cisneros foron dous dos que se achegaron a afondar no método de elaboración dos maios e de composición das coplas.
A primeira fase foi a de elixir os materiais. Carrabouxos, xestas, musgo… A combinación quedou á elección dos mozos e mozas, que, dirixidos polos monitores, compuxeron a clásica pirámide que lle dá forma á festa dos Maios. Por grupos, tamén compuxeron as súas coplas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Solo quedó el silencio
LUCHA POR RECONTRUIR
Barro en las calles de Viana, recuerdos bajo tierra y una normalidad aún lejana
nueva economía
La IA abre una nueva carrera por financiar centros de datos