Xornal Escolar
Galería | Ecovigilantes plantan cara a las colillas
Para conmemorar o Día da Muller e a Nena na Ciencia, o colexio de Mariñamansa organizou unha divertida actividade que foi un éxito entre o alumnado. Co obxectivo de fomentar as vocacións científicas entre as nenas, desta volta centráronse en coñecer o mundo dos microorganismos, hixiene, alimentos... Para iso, usaron placas petri para cultivar nelas microorganismos das nosas mans, pés, boca, axilas, mans lavadas, lacrimal... E coa axuda da relatora, coas colonias de microbios xa grandes, identificamos se alí medraran fungos ou bacterias.
No propio día da actividade fixeron un kahoot por equipos sobre o tema, cata de olores, iogur que comeron hoxe, aproveitando que estamos na semana dos Lácteos. O alumnado de infantil ademais fixo pan. Todo isto coordinado pola Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo, coa investigadora en Bioloxía Alicia Pérez, doutorada en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria.
A temática da charla foi “O mundo que non vemos” e tivo como obxectivo iniciar ao alumnado no mundo da microbioloxía a través do emprego de técnicas básicas no laboratorio, como é a observación co microscopio, o crecemento de microorganismos en placas de cultivo e a realización de fermentacións. Todo para comprender ata que punto a ciencia está presente en tódolos eidos das nosas vidas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Jacinto Seara
Controlados
PRIORIDADES DEL CURSO
Pontón pide un plan de choque de 400 millones ante el coste de vida
LÍDER TAMBIÉN EN LA UE
España, líder en trasplantes y donaciones a nivel mundial
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Cambios