A natureza como mestra no Ruxidoiro
O CEIP O Ruxidoiro de Barbadás estendeu as súas aulas máis alá das paredes do centro cunha innovadora innovadora aposta pedagóxica na aula aberta á natureza. Inaugurada a finais do pasado curso, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, este espazo de aprendizaxe e lecer converteuse xa nun punto neurálxico do centro, gozando dunha gran acollida e un notable éxito entre toda a comunidade educativa.
O espazo supón unha nova forma de achegarse ó coñecemento, cunha didáctica e unha visión diferentes e moito máis positivas e, neste tempo converteuse nun lugar moi importante no que traballar a horta, ler ó aire libre ou representar obras teatrais.
A intervención realizada nuns terreos do colexio permitiu converter un espazo sen uso nun lugar cheo de vida, que está sendo desfrutado tanto polo alumnado e docentes do Ruxidoiro como polo resto da comunidade educativa de Barbadás. A iniciativa forma parte da aposta decidida do centro polo plan da nova arquitectura pedagóxica, que convidaba a repensar as contornas de aprendizaxe para facelas máis flexibles, inspiradoras e conectadas co mundo que nos rodea.
Na súa forma evoca ós teatros gregos con bancada corrida de madeira asentada sobre a topografía natural e orientada a unha zona ovalada de area, xunto coa cabana multiúsos e as plantacións vexetais.
Contenido patrocinado