Voltaron os Maios, a festa máis verde
Chegou o mes das flores e iso significa tamén que regresou unha das festas con maior tradición: Os Maios. Coincidindo coa recta final do curso escolar, os escolares ourensáns sumáronse a unha tradición na que o verde e o colorido mandan para crear creativas e variadas esculturas. A pesar de que a choiva obrigou a adaptar as actividades no interior, iso non foi motivo para rebaixar a ilusión dos máis novos.
Ben seguindo o guion tradicional ou ben deixando voar a imaxinación, no Xornal Escolar recollemos algunhas das propostas que os centros educativos da provincia fixeron para non faltar a un dos costumes máis ourensáns e que nos lembra que o verán está á volta da esquina.
Contenido patrocinado