Xornal Escolar
Galería | Ecovigilantes plantan cara a las colillas
A viaxe comezaba o 28 de outubro. Ese día, dende Xinzo de Limia, os pequenos peregrinos do colexio Carlos Casares vestían a súa capa e o seu sombreiro para dar o primeiro paso dun Camiño de Santiago moi especial. “Camiñando en igualdade” foi o lema que non abandonaron en ningunha das seis etapas que realizaron nestes meses e que tiveron nesta pasada fin de semana o seu premio final.
Guiados polos seus profesores Sonia, Rosa, Manoli, Sandra, Chus, Rochi e Roberto e acompañados neste último tramo pola alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, a Praza de Mazarelos viu achegarse a un grupo moi especial formado polos alumnos de sexto de Educación Infantil e quinto de Educación Primaria do colexio limián, que percorrían os últimos pasos da súa peregrinación moi emocionados e contentos
Agora, coa compostela que acredita a súa viaxe xa na casa, os pequenos encaran a recta final do curso lembrando todo o que aprenderon durante a peregrinación, durante a que visitaron lugares como Ourense, Oseira ou Silleda, descubrindo a historia de cada un.
Dende o centro educativo agradecen tamén a participación das familias por compartir con eles a ilusión dun proxecto que tiña por obxectivo reclamar a igualdade de oportunidades e inculcar valores vitais nos máis novos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
FESTAS MARÍA PITA
Concierto de Ángel Stanich
TRES COCHES IMPLICADOS
Una colisión múltiple en Tomiño deja tres heridos, uno de ellos excarcelado