Xornal Escolar
Mamá, ¿me ha picado un bicho?
XORNAL ESCOLAR
O CEIP Virxe da Pena da Sela, do Concello do Irixo, acolleu a tradicional convivencia escolar na que participa o centro xunto ao CEIP Nosa Señora de Xuvencos de Boborás, o CEIP Plurilingüe Eulogio Gómez Franqueira de San Amaro e o CEIP Beariz. Ademais de actividades culturales, como contacontos e animación á lectura a cargo de Sabela Gago e Nate Borrajo, os escolares compartiron actividades deportivas, lúdicas e festivas. Este ano, como novidade, quixeron ir máis aló e participaron nunha actividade solidaria.
O obxectivo era concienciar aos máis cativos facendo unha recollida de penso para colaborar coa protectora de Carballiño "Paca". A recadación entre os catro colexios superou os 400 kilos, que ese mesmo día entregaron ás voluntarias da asociación facendo unha cadea humana con todos os escolares. Tamén recolleron móbiles estragados para o Instituto Jane Goodall, dentro dunha campaña de reciclaxe que ten como finalidade protexer o ecosistema africano. Os móbiles recollidos superaron o medio cento e tamén os enviaron ese mesmo día.
A xornada de convivencia volveu a ser un ano máis todo un éxito e esta edición foi moi especial xa que escolares e profesores se amosaron moi contentos por poder colaborar con causas solidarias.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xornal Escolar
Mamá, ¿me ha picado un bicho?
Xornal Escolar
Galería | Días de fiesta y convivencia en Maristas
Xornal Escolar
Galería | Xogando pola vida saudable en Amencer
Xornal Escolar
Galería | Acción contra la basuraleza en Verín
Lo último