Xornal Escolar
Galería | Ecovigilantes plantan cara a las colillas
TELEMIÑO - XORNAL ESCOLAR
Non vos perdades o Xornal Escolar de Telemiño este sábado. Os nenos e nenas do CEIP Vistahermosa serán especiais protagonistas nesta ocasión pola magnífici iniciativa na que están inmersos. Trátase do estudo dos animáis ovíparos dun xeito prácticos, isto é coa incubadora e todos os coidados que precisan os ovos e posteriormente os poliños. No programa, seremos testemuños de todo o proceso.
LATRICAR
A sección de “Latricar” corre tamén a cargo do alumnado de Vistahermosa, nesta ocasión de 6º de Primaria, que falou ante as cámaras de Telemiño no que lles proporciona a natureza, o que máis lles gusta dela e o que lles chama a atención. Amosaron contar con moita soltura ante as cámaras e saber moito sobre este tema xa que o seu centro de ensino atópase ubicado nunha zona privilexiada.
AUGAESCOLA
A sección de Viaqua presenta outra proposta do xogo educativo "Sabías que?", da man de Marian e Santi. A pregunta á que responderon os escolares foi: ¿El agua del grifo es infinita?. Os alumnos do Manuel Luis Acuña e do colexio O Ruxidoiro deron a súa opinión e aportaron distintos razonamentos, eso si antes de que os expertos de Viaqua responderan dun xeito sinxelo, pero máis técnico, á pregunta desta semana.
PRENSA
A sección de Prensa desta semana preséntase en forma de entrevista. Conchi Pérez aproveita o espectáculo da Concellería de Educación "Xinete das árbores", no colexio Irmáns Villar de Ourense para entrevistar ao autor Anxo Moure que profundiza sobre o tema que se lles presentou aos escolares.
ALTERNATIVA DE OCIO
Conchi Pérez convida a apostar este verán por unhas vacacións diferentes, moi cerquiña da casa, pero inesquecibles. Trátase do Campamento Natura Xurés, organizado no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Poderedes ver no programa deste sábado toda a información sobre esta apaixonante actividade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Manuel Orío
RECORTES
La vida en cálculos
VIDA ORENSANA
El párkinson cuesta 22.800 millones al año en Europa
Julián Pardinas Sanz
La llamada más sencilla
BATE EL RÉCORD DE 2022
Récord fatal en España: más de 5.000 muertes por el calor