O Carballo de Padroso recorda ao “profesor” Alonso Montero
FUNDACIÓN BIETO LEDO
Un cento de persoas citáronse aos pés da árbore “que máis fala do mundo” para homenaxeala coa palabra e a música que inspira, así como as lembranzas que se deron ao seu redor
As celebracións arredor de árbores é unha costume que seguramente veña dende antes de que poidamos lembrar. Si ben a primeira que lembramos en Galicia é de 1569, cando os veciños de Mondoñedo celebraron cun xantar a prantación de tres árbores froiteiras.
Neste caso non se celebra o nacemento dunha nova árbore, senón que se homenaxea un dos carballos senlleiros de Galicia: o carballo de Padroso, que luce este recoñecemento por primeira vez na cuarta edición da súa celebración, que reuniu onte a un centenar de persoas baixo as súas poulas.
Esta cita, organizada pola fundación Bieito Ledo, estivo arroupada por un amplo abanico de escritores, poetas, políticos e amigos das artes. Moitos deles colaboraron coas súas verbas e imaxes no libro que acompaña cada edición da cita. “O Carballo de Padroso” inclúe poemas, reflexións e historias inspiradas pola senlleira árbore, situada na ruta Mozárabe-Vía da Prata do Camiño de Santiago, un percorrido que dende a fundación buscan impulsar.
Foi pasada a media mañá cando os presentes percorreron os escasos metros que separan a sede da fundación da carballeira na que se celebrou a primeira parte da cita, o acto literario-musical. Entre abanicos, sombreiros de palla e demais defensas contra a calor que protagonizou a mañá, os asistentes poideron desfrutar de música, poesía e lembranza, coa memoria do defundo Xesús Alonso Montero, o profesor, como guía.
Alonso Montero, quen participou nas anteriores edicións da homenaxe, tamén deixou unhas verbas en cada un dos libros que as acompañou, sendo un dos grandes defensores desta árbore como punto de unión. Coa sua figura como inspiración, cancións e poemas foron recitados para lembralo, e mesmo os presentes poideron escoitar a súa voz -falando ademais sobre a propia árbore- grazas a unha gravación que conserva Bieito Ledo, organizador e figura fundamental da cita, e que reproduciu diante da filla de Alonso Montero, cargando de emotividade a cita.
Así, a pretensión de manter o guión do evento foise diluíndo, caendo no ritmo que acompaña a unha xuntanza de amigos mais que a unha cita institucional. Deste xeito, houbo espacio para que tanto Bieito Ledo, coma o alcalde do municipio José Luis Gavilanes e ata o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, compartiran anécdotas e inquietudes coa árbore como eixe central.
Como detalle, Santalices agasallou á fundación cunha copia do mapa de Fontán que conservan no Parlamento galego. Así remataba o acto para homenaxear “a árbore que máis fala e escoita do mundo”.
Ao igual que os veciños de Mondoñedo, os amigos do Carballo de Padroso acompañaron a homenaxe cunha paparota, na que o porco o espeto, o viño e as risas foron os ingredientes dunha velada que deixa de manifesto que a identidade dos pobos está incluso nas árbores que os acubillan.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
IMPULSO AL CAMINO DE SANTIAGO
Xunqueira de Ambía impulsa un albergue para peregrinos
FUNDACIÓN BIETO LEDO
O Carballo de Padroso recorda ao “profesor” Alonso Montero
Lo último
SECTOR ESTRATÉGICO
Xinzo exhibe la feria Alimagro toda su riqueza agrícola
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XLV)
Galería | Arte color y mensaje en una plantilla