Sobradelo celebrará o XII Tangaraño Cultural
POESÍA E MÚSICA
O mercado de artesanía local será outro dos grandes atractivos desta edición
Este sábado 31 de maio, a pequena aldea de Sobradelo, no Concello de Xunqueira de Ambía, volverá encherse de vida, cor e emoción coa celebración do XII Tangaraño Cultural, unha cita anual xa consolidada no corazón do rural galego. Entre montes e camiños antigos, a poesía, a música, a fotografía, a artesanía e as múltiples formas da creación artística danse a man nun encontro que é moito máis ca un festival: é un espazo de amizade, solidariedade e boas prácticas.
O mercado de artesanía local será outro dos grandes atractivos desta edición, achegando ao público produtos únicos elaborados por artesáns locais.
A organización destaca o compromiso do Concello de Xunqueira de Ambía, que ano tras ano apoia esta iniciativa. Tamén contan coa complicidade dos concellos veciños de Baños de Molgas e Vilar de Barrio, que ceden espazos nas súas localidades.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ROBOS Y FORMACIÓN MILITAR
Disciplina paramilitar y asaltos de quince minutos: así operan las bandas albanokosovares en Galicia
LAS BANDAS DEL ESTE, EN ACCIÓN
Una banda asalta tres casas en solo dos horas en un pueblo de Allariz