II MOSTRA DE GANDO
Xunqueira de Espadanedo presumió de riqueza ganadera local
FESTA TRADICIONAL
Os fornos de Niñodaguia volveron a prenderse onte para revivir con orgullo a vella tradición da parroquia. Unha cita festiva na cal veciños e visitantes viaxaron a principios do século XX para poñer en valor a olería tradicional, pero tamén a música e a confraternización veciñal.
Os asistentes acudiron vestidos de época atendendo as suxerencias da organización da xornada, impulsada polos veciños xunto coa Asociación Amigos do Barro e o apoio do Concello de Xunqueira de Espadanedo, Artesanía de Galicia e a Deputación de Ourense, pondo o broche a unha xornada que maridou música, arte e gastronomía. A celebración etnográfica comezou no 2019 e, dende 2023 enmarcarse no Día Europeo de Artesanía.
A festa etnográfica uniu a veciños e visitantes ao redor dos vellos fornos tradicionais
Tras a inauguración oficial, en presenza das autoridades locais e autonómicas, os actos trasladáronse a celo aberto. O tempo acompañou a procesión das apañadeiras, as mulleres que cun equilibrio e desfilar envexable, portaron sobre as súas cabezas o froito dos cacharreiros, as olas, canecos, fontes ou barreños caracterizada polo barro de cor amarelo, cara os fornos. Como se dun tetris se tratase, e cun coidado meticuloso, os homes do lugar foron os encargados de colocar peza a peza os distintos cacharros nos vellos fornos de pedra.
Unha vella tradición na que no faltou a música tradicional cun fiadeiro que se prolongou pola tarde con grupos tradicionais chegados dende diferentes puntos da provincia e un obradoiro de baile impartido por Artur Puga. O programa festivo incluíu unha visita guiada ao Museo de Niñodaguia e un xantar tradicional con callos como prato principal ao que, pola tarde-noite, se lle sumou o porco asado, en formato bocadillo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
II MOSTRA DE GANDO
Xunqueira de Espadanedo presumió de riqueza ganadera local
REFORZAR LA ACTIVIDAD
Casi 190.000 euros para un nuevo pastizal de 29 hectáreas en Xunqueira de Espadanedo
RECUPERAR SABERES
O Museo de Olería de Niñodaguia, berce do cambio no rural
II MOSTRA DE GANADO
Espadanedo cita al mejor ganado de la provincia
Lo último
AVANCE ORDENADO Y CONSTRUCTIVO
Trump afirma que no cerrará un pacto precipitado con Irán
MANIFESTACIÓN POR EL TERRITORIO
La protesta anual contra Ence toma el centro de Pontevedra y suma la petición por el archivo de Altri