NUEVO VEHÍCULO
Vilar de Santos y Allariz mejoran la gestión de basura
PLENOS
Trala posta en marcha da súa nova páxina web, o Concello de Xinzo de Limia continúa o seu desembarco nas novas tecnoloxías. A partires do vindeiro mes de xaneiro, o consistorio ten pensado comezar a retransmitir os seus plenos en directo por internet. Segundo informa a empresa encargada de xestionar este servizo, comezaranse a facer probas por streaming dende novembro, pero non será até o novo ano, cando o servizo estea normalizado.
O consistorio contratará unha licenza de canle online a través da plataforma TV Rural Galega para posteriormente enlazalo coa súa páxina web. O custo deste servizo será de 80 euros ao ano que poderán ser mitigados con pequenos ingresos de publicidade.
Non será preciso desembolso algún en recursos técnicos, pois a institución xa dispón de tres cámaras instaladas no salón de plenos, unha frontal e outras dúas nos laterais.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NUEVO VEHÍCULO
Vilar de Santos y Allariz mejoran la gestión de basura
Competencias discutidas
Los regantes de A Limia reclaman la puesta a punto de los canales
Lo último