AGENDA

A rebelión da "Tremenda Muller"

No seu segundo poemario, Tamilia Alem amosa un "modelo de muller" que loita contra a estrutura patriarcal da sociedade

Tamila Alem recita os seus poemas, froito dunha etapa que agora pecha.
Tamila Alem recita os seus poemas, froito dunha etapa que agora pecha.
A rebelión da "Tremenda Muller"

O segundo libro de Tamila Alem esta adicado á figura da muller. "Ten aspectos autobiográficos, pero recolle cousas que nos pasan a todas. Reflexa un problema estrutural da nosa sociedade, como son os micromachismos", explica Alem. Mañá presentará "Tremenda Muller" na Galleira, na Praza de San Cosme, ás 20,30 horas, onde lerá algúns dos seus poemas. A elección final non está pechada, porque "todo depende do ambiente que eu sinta que hai", explica.

Neste segundo poemarío fálase das mulleres que viven oprimidas, pero "cunha rabia máis controlada, porque está feito con máis coñecemento e cultura, a raíz de ler sobre feminismo e asistir a diferentes charlas". Con "Tremenda Muller" tamén pecha esta etapa: "Non é unha despedida da poesía feminista, é un descanso. Non é que a poesía non sexa seria, pero quero facer algo máis autobiográfico, cambiar de perspectiva".

Despois de "Darling Bolboreta", cuns poemas máis persoais, algo que achaca ao momento e idade no que foron escritos, e despois de estar traballando un tempo na hostalaría, apareceron os versos que mañá presenta. "Necesitaba escribilos, coma cando tes unha amiga fóra e non necesitas falar con ela.

Traballando no bar dinme conta de que parece que ser guapa e ser camarera é un problema, que tes que demostrar constantemente o lista que es, cando eu ademais estudaba e escribía". Despois de "Tremenda Muller", a poeta confesa que ve a vida con outros ollos, con máis aprendizaxe enriba. "Podes ser muller doutra maneira, e creo que aquí se propón un bo modelo", explica Alem. 

A portada do seu libro tamén é unha homenaxe á muller, obra de Anaïs Kerbrat, "amiga miña e deseñadora gráfica. Ela leu os meus poemas e saíulle esta imaxe". 

Algúns dos seus versos recordan a letras de cancións, e aínda que nunca chegou a poñerlles música, é algo que agora "podo permitirme facer, fai un ano non tiña tempo. Sería un xeito de chegar a máis xente, de avanzar máis rápido, tamén no persoal".