CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
O crime de Allariz e a prisión de Ceuta
SEGURIDAD VIAL
O alcalde de Allariz, Francisco García, presentou onte pola mañá o programa "Allariz no camiño", que ten como finalidade adecuar o tránsito peonil de cinco percorridos urbanos ata o colexio Padre Feijóo. O programa, no que colaboran a Dirección Xeral de Tráfico e a Policía Local alaricana, afronta a intervención no trazado de varias rutas co fin de mellorar o seu uso seguro e accesible, para que os escolares as empreguen diariamente no seu percorrido ao colexio.
O programa está enmarcado na iniciativa da "Serpe papa-leguas", inscrita no plan europeo de camiños escolares, que ten por obxecto posibilitar e fomentar os percorridos peonís dos nenos cara as súas escolas. A iniciativa púxose en marcha semanas atrás no colexio, conseguindo que moitos rapaces foran a pé, con compañeiros ou acompañados dos seus país, ou ben compartiran transporte con outros escolares. A iniciativa tivo un gran éxito, reducíndose notablemente a afluencia de vehículos ata o centro escolar.
O Camiño Escolar que desenvolverá o Concello de Allariz comporase de cinco rutas, diferenciadas por cores, que confluirán na praza do Couto, o último tramo deste itinerario.
En todos os cruces de rúas e viais e zonas conflictivas situarase o logotipo do Camiño -Don Pé-, que indicará a ruta a seguir e durante o traxecto haberá elementos identificativos, así coma a sinalización adecuada e a presenza, en caso de que se considera necesario, de axentes da Policía Local.
Segundo puxo de manifesto o director do colexio Padre Feijóo, Javier Fernández, os obxectivos do programa céntranse no incremento da autonomía infantil, así como reducir o número de vehículos que transportan aos nenos e nenas ao colexio, fomentando deste xeito o coidado do medio ambiente. Así mesmo, con este tipo de iniciativas, segundo sinalou o director do colexio Padre Feijóo, foméntase a convivencia, favorecendo que os menores acudan ata o centro escolar en compañía de amigos e compañeiros.
Os logotipos de Don Pé sinalizarán o percorrido
Para desenvolver o programa, o Concello de Allariz acometerá obras nas rutas escolares. Así, na Estrada de Xunqueira, a brigada municipal pintará os actuais pasos a nivel, ampliará a beirarrúa que leva ao colexio, reubicará o actual mobiliario urbano e pavimentará o tramo de estrada que vai desde a rúa Manuel María ata a Barreira, zona de desvío ao convento, eliminando todas as barreiras arquitectónicas existentes e integrándose, deste xeito, no casco histórico de Allariz.
A maiores, o Concello instalará nova sinalización, advertindo da zona escolar e fixando a velocidade máxima. A zona da Barreira, no tramo que vai da Praza do Couto ata a Estrada de Xunqueira, recibirá o mesmo tratamento e reorganizaranse as illas de contedores do lixo para que non afecten ó percorrido escolar.
Abordarase tamén a peatonización da Praza do Couto e a rúa Pepe Puga, coa colocación de sinais verticais restrinxindo o acceso de vehículos a estas zonas. Os cinco percorridos estarán sinalizados co logotipo de Don Pé, que irá pintado na cor correspondente a cada ruta.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
O crime de Allariz e a prisión de Ceuta
ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
INTEGRACIÓN SOCIAL
El rural ourensano, motor de integración social de jóvenes
Lo último
AVANCE HACIA MONTE DO COBREIRO
Preocupación por tres incendios forestales simultáneos entre Xunqueira de Ambía y Baños de Molgas