Repoñer o nome de Fontearcada

Con motivo das pasadas fesas en honor a Virxe das Neves en Graíces, das que foron romeiros os da histórica Peroxa ‘bella’, naquil pobo o seu castelo, puxen sete letreiros reflexando historias para os organismos oficiales que as ignoran, é tamén porque o concello da Peroxa nun pleno acordou intentar que se repoña o anterior nome de ‘Fontearcada’ é suprimir o plaxiado de ‘A Peroxa’.
Os mencionados letreiros dín:
Primeiro.Arrodillaivos pelegrinos ante esta cruz dos caidos nas batallas do castelo: cristiáns, mouros e hermandiños. No abandoado cementerio, a douscentos cincoenta metros, entre xestas é carballos, alí están terrados.

Segundo.Forasteiro, benvido a Peroxa da historia e o castelo seu fillo, pois niste pobo reposa, a vella placa ‘Peroja’, fornos e cabaceiros, a vella fonte do castelo e o vello escudo Quiroga.

Terceiro.Esta e a ‘bella’ Peroxa, na paisaxe e na historia, pois todo que de valor tiña, levarono para A Peroxa de arriba, pois como fatal tiro de gracia, o nome tamén plaxiaron, e Fontearcada suprimiran, pero a historia e raíces, sempre foron e serán da parroquia de Graíces.

Cuarto.Iste pobo e seu castelo son sombras do pasado con bons e malos recordos de esplendor e tiranos: Concello, feira e xulgado foi o primeiro que levaron, e para mal-facer a igrexa, castelo e capela tiraron. A igrexa resultante (monumento ó mal facer) para éla o nome levaron e para Fontearcada tamén.

Quinto.Desta fonte da Peroxa que tamén foi do castelo, reis, princesas e guerreiros da súa auga beberon. O pai das raíñas Xoana e Inés de Castro, estivo coa súa familia no castelo de adelantado.

Sexto. No ano 1978, o investigador das historias do castelo e nai Peroxa, mandou facer unha casa naquela paisaxe fermosa.

Séptimo. Turista arrenega o demo antes de subir ó castelo, para alexar o meigallo e non che pase nada malo. A vella fonte do castelo está na Peroxa ‘nai’ a cento cincuenta metros, por iste carreiro real: ¡¡carreiro tamén embruxado, sin restaurar e entrampazado!!

Te puede interesar
Más en Cartas al director