ARTESANÍA E TRADICIÓN
Galería | Vilanova dos Infantes desfruta coa Raigame
CELANOVA
En Celanova, 12 de cada 100 veciños do núcleo urbano son usuarios habituais da biblioteca municipal, situada no primeiro andar do auditorio Ilduara (Amic). Dende o ano 2011, cando foron inauguradas as instalacións, o número de persoas que acoden a ela ten ido incrementándose paulatinamente, de xeito nos últimos dous anos chegou a duplicarse a cifra de usuarios, acadando os 400 inscritos na actualidade. Se ben esta cifra representa o 12% da poboación da vila de Celanova, supón o 7% ó facer a comparativa en termos municipais.
Os responsables da biblioteca sinalan como causa principal deste incremento a progresiva incorporación de novidades tanto bibliográficas como audiovisuais. Agora mesmo, son un total de 16.000 os exemplares que compoñen o centro; entre eles 169 dvd, 60 documentos sonoros, 25 electrónicos e 143 cómics. Entre a bibliografía, os usuarios poden atopar tamén, ademais de libros de consulta e de ocio, títulos de lectura obrigatoria dentro dos programas lectivos tanto de Educación Primaria como da Secundaria Obrigatoria.
Co obxectivo de facilitar o acceso dos usuarios ós fondos da biblioteca, os responsables teñen automatizado practicamente o 100% do seu fondo a través dun catálogo automatizado para uso interno, como o catálogo web, incluído no Proxecto Meiga, e dispoñible para a súa consulta no portal da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Ademais dos propios fondos bibliográficos, a biblioteca municipal de Celanova é moi solicitada entre os veciños como centro de estudio, especialmente entre os máis novos.
Cada día, estudiantes de instituto, de universidade ou mesmo aqueles que preparan oposicións, acuden a ela como lugar no que mellorar a súa concentración. De feito, entre as últimas incorporacións salientan varios manuais para preparar as probas comúns de certificados de profesionalidade.
Paralelamente, os usuarios máis novos contan tamén cunha programación estable de actividades de animación á lectura. Todo isto fixo que durante o ano 2016 un total de 3.300 persoas pasasen polas instalacións en busca dalgún dos servicios que oferta.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ARTESANÍA E TRADICIÓN
Galería | Vilanova dos Infantes desfruta coa Raigame
"O TÍO MARCOS D'A PORTELA"
Raigame converte a Vilanova no gran escaparate da cultura
RÍOS ARNOIA Y OURILLE
Los pescadores instan a mejorar el coto de Celanova
FESTIVAL CELTA EN GRAN BRETAÑA
A Bretaña disfrutou ao son de Lembranza Solpor
Lo último
DÍA DAS LETRAS GALLEGAS
Alfonso Rueda aposta por unha política de Estado para a lingua
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Clamor en Santiago ante a emerxencia lingüística
ASÍ VOTARON LOS ANDALUCES
Los resultados de las elecciones en Andalucía 2026: el PP ganaría, pero sin mayoría absoluta