ENTREVISTA

Emilio Cao: "Agardo a que triunfe a xustiza deste país, se é que realmente existe"

O carballinés que se enfronta a 5 anos da cárcere por un suposto delicto de agresión nas Marchas pola Dignidade ofrece o seu punto de vista

Emilio Cao.
Emilio Cao.
Emilio Cao: "Agardo a que triunfe a xustiza deste país, se é que realmente existe"

Emilio Cao acudiu o 21 de marzo de 2014, con outros centos de persoas de Carballiño e Galicia, a una manifestación en Madrid convocada polas Marchas en favor da Dignidade. A xornada transcurriu con normalidade, sen incidentes, ata que, a piques de chegar ó seu fin, sobre as 20,30 horas, a policía comezou a cargar contra os manifestantes. O carballiñés foi detido xunto con deceas de persoas máis e acusado dunha suposta agresión a un axente. A Fiscalía pide 5 anos e 8 meses de cárcere e o xuízo terá lugar o próximo 19 de marzo en Madrid. Emilio recordou como foron aqueles días e como afronta a súa cita ca xustiza. 

Cómo foi vivir esa experiencia?

A min detívome un policía da secreta, que pasaba por alí encarapuchado. Fíxome una placaxe e levoume ó furgón policial que iba á comisaría. Eu atopábame desconcertado, descoñecía por que estaba pasando iso. Estivemos na comisaría horas contra a parede, sen poder falar nin movernos. Chegou persoal sanitario con xente ca cabeza aberta, tratando ás persoas cunha actitude bastante innecesaria nos tempos que corren. Pasamos dous días no calabozo, ca luz acendida día e noite, tratáronnos coma se fósemos escoria.

Que sensación tiña da situación que estivo a vivir?

A verdade é que de desamparo. Foi un shock. Era a primeira vez que me pasaba algo así. Se che pasa algo porque violas o código penal, dentro das lóxicas deste sistema, podes chegar a comprendelo aínda que non sexa lexítimo. Que utilicen ese tipo de cousas contra xente que cumpre co seu libre dereito a manifestarse non ten nome. 

Dende Carballiño recibiu moito apoio. Esperaba esa movilización cidadá?

A verdade é que non esperaba un seguimento así. A unidade que houbo, que a xente dera a cara. Foi maxistral, sentinme moi arroupado. Púxenme un pouco nervioso cando cheguei á praza e vin a milleiros de persoas, sentín que aínda había esperanza. 

Cómo afronta o xuizo?

A realidade non convida moito ó optimismo, pero esperemos triunfe a xustiza, se realmente existe. Eu estou tranquilo. Non teño ningún reparo en ir alí e contar o que me pasou, de forma verídica, sen ocultismos. Non cometín ningún tipo de delicto, fun a manifestarme coma os milleiros de persoas que había alí. Afrontarei o que sexa. 

Considera a petición de condea esaxerada?

Sacáronse da chisteira unha condea ilexítima. Hai xente con esa condea por causas moito máis graves. Creo que é un despropósito. 

Se puidera pedir algo falando de reivindicación cidadá, que sería?

Hai infinidade delas, pero sobre todo a amnistía, a loita desa xente que se rompe os cornos por conseguir algo. As persoas de barrio que tentan cambiar o prisma da realidade con pequenas cousas e que son freados con violencia.