A Palabra e a Arte recordan a Carlos Casares na Esgueva
cultura
A Fundación Ínsua dos Poetas fixo entrega de galardóns a sete persoeiros do mundo da cultura galega
A novena edición da "Festa da Palabra" celebrouse dende o mediodía de onte na paraxe natural da Ínsua dos Poetas, ubicada na parroquia carballiñesa de Madarnás, na que se lembrou a figura do autor ourensán Carlos Casares, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. O presidente da Fundación Ínsua dos Poetas e promotor do acto, Luis González Tosar, anunciou que próximamente sairá do prelo a publicación "Carlos Casares na Ínsua dos Poetas", que será editada polo Parlamento de Galicia, feito que agradeceu ó presidente desta institución, Miguel Santalices, presente no acto.
Un dos fillos de Casares, Cristian, apuntou que "esta ínsua é unha representación dese espazo que lle gustaría ó meu pai, onde conviven literatura, música, arte e natureza", mentres Damián Villalaín, amigo e colaborador do escritor da Limia destacou "a gran capacidade de empatía que tiña Carlos, e que se bota de menos nos políticos de agora". O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, fixo de anfitrión das autoridades que acudiron ó evento, entre elas, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o presidente da Deputación provincial, Manuel Baltar.
O responsable cultural da Xunta salientou "o importante traballo que Casares fixo ao longo da súa vida para o fomento do libro e a lectura en Galicia", e destacou que, como intelectual, escritor e axente cultural, é "un dos artífices desta Galicia que pode asumir os retos do século XXI". Pola súa banda, Baltar asegurou que "sentímonos orgullosos" de Casares, que "está sempre presente na Ourensanía, un territorio e un sentimento que trascenden os lindes desta provincia e que debe ser tomado como o que é, a mellor maneira de sermos galegos".
De xeito parello, a fundación fixo entrega dos premios Setecarballas, correspondendo un deles ó grupo de teatro afeccionado do Carballiño, Tiruleque, na modalidade de Iniciativa Cultural Destacada,
Na modalidade de Creación Literaria, o elexido foi Miguel Anxo Fernán Vello, e na de Medio Ambiente, a Plataforma Ríos Limpos. Carlos Guitián, médico urólogo, recibeu o premio na Defensa da Lingua Galega, mentres ós de Artes Plásticas e Medios de Comunicación recaeron, respectivamente, en Antón Pulido e o Diario Cultural da Radio Galega. Na categoría de Emigración, concedeuse ao Centro Partido do Carballiño en Buenos Aires, que cumplirá o seu centenario en setembro de 2018.
Finalmente, as autoridades descubriron no parque da Ínsua dos Poetas a escultura "Vento ferido", deseñada polo escultor Manuel Buciños, a xeito de lembranza de Carlos Casares.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LA MULTA CORRESPONDIENTE
Sin vehículo adaptado por tener su tarjeta caducada
PUEBLOS PEQUEÑOS
Boborás, favorecida por la nueva Ley de Patrimonio
PSICOPEDAGOGÍA
La mejor receta frente al TEA es la empatía
Lo último
Evelio Traba
LOS LIBROS QUE LEO
"El hombre en el castillo": cuando la distorsión sustituye la realidad
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, jueves, 15 de enero?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este jueves, 15 de enero, en Ourense