IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto
O Centro galego de Artes da Imaxe proxecta seis pezas do seu arquivo
Esa é unha das funcións do Centro, a de servir de depósito ao noso patrimonio audiovisual, pero unha vez recuperadas esas películas comenza a outra función, a de difusión. O centro mantén durante todo o ano unha programación diaria orientada a cumprir coas liñas directrices do que é unha filmoteca ao uso, amosar ese cine que non é posible ver nas salas comerciais.
E todo esto cunha máxima, o recoñecemento para aqueles cineastas que a pesares de non teren entrado nos circuitos comerciais fixeron moito polo cinema galego, aos que Miguel Castelo se refire como a un grupo de homes con moita vontade, moitas ganas, poucos cartos pero que traballaron para que cos anos tiveramos un cine propio. Castelo ten sido testemuña de toda esta historia dende os primeros anos da posguerra, o director do CGAI, Guillermo Escrigas, di de el que 'é a memoria viva do noso cine'.
Escrigas e Castelo estiveron onte en Ourense para presentar a sesión especial 20º Aniversario do CGAI, que terá lugar hoxe, as 20.00 horas no Teatro Principal, e na que se van proxectar seis pezas de Velo, Lozano, Chano Piñeiro, Xavier Villaverde, Teo Manuel Abad e Jorge Coira, unha proposta moi interesante para todo aquel que queira achegarse á historia do audiovisual galego. Pero quizáis o máis interesante desa presentación foi o debate xurdido á hora de definir o 'cine galego'. Se Escrigas defende que 'os parámetros canto máis amplos mellor', Castelo mantén que 'ten que ser xestado e parido en Galicia'. Como de futuro, o CGAI tenta recuperar nestes intres unha película rodada en Ourense por un grupo de cataláns, alá polo ano 1913 con motivo do gran eclipse. A maiores, dentro do Outono Fotográfico, traerá unha exposición de fotografías antigas sobre a emigración, 'Os adeuses'.
CRÍTICAS DO COLECTIVO CREA
Con todo, a sesión chega marcada pola crítica da asociación de directores CREA, que cuestionaron a exclusión de 'Coitadiños', de Héctor Carré, das seleccionadas. A causa tería sido a negación do productor, Xosé Xoán Cabanas. A organización do festival desmárcase das críticas e entende a decisión do CGAI como un xeito de previr conflictos legais. Algúns dos directores ameazan con non asistir.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto
SEGURIDADE VIARIA
Xunta e Pereiro de Aguiar melloran a seguridade de varias estradas
Lo último
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... LISE L.
LAS PARISINAS PYTHIES
El público ourensano será testigo de una combinación única de rock feminista y brujería
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, viernes 12 de diciembre?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este viernes, 12 de diciembre, en Ourense