Estudantes comprometidos

ESTE É O MEU COLEXIO

No CEIP Plurilingüe Profesar Albino Núñez os estudantes mostraron orgullosos un centro moi dinámico

Publicado: 04 may 2016 - 16:35

2016050414351246130
2016050414351246130

Na visita ao Ceip Plurilingüe Profesor Albino Núñez, os alumnos recibiron ás cámaras de Telemiño moi orgullosos do seu centro educativo e realizamos un vistoso percorrido polas instalacións do seu colexio: aulas perfectamente equipadas coas novas tecnoloxías que están presentes no día a día dos estudantes para adaptarse oas novos tempos, auxiliar de conversa que é de gran axuda para potenciar o uso do inglés, aula de psicomotricidade, cunha gran variedade de material específico que facilita o desenvolvemento dos máis cativos a través do xogo. Tamén visitamos o pavillón escolar que ten múltiples recursos. Sen dúbida o que máis nos sorprendeu foi o cuidado horto onde prantan patacas, tamen teñen invernadoiro, todo perfectamente traballado por mestres e alumnos.

Encontramos un centro con novas obras como a instalación dun ascensor. Son un centro moi diámico que realiza un gran traballo en equipo para fomentar o gusto pola lectura dos seus alumno, tanto por parte do Equipo de Dinamización da Biblioteca, como a denominada "Hora de ler" diaria, están obtendomoi bos resultados.

Contenido patrocinado

stats