TRABAJADOR HERIDO
Evacuado en helicóptero al caerle encima unas pacas en A Bola
"8M, MES A MES"
A comarca de Terra de Celanova protagoniza a campaña “8M, mes a mes” da Deputación, que dedica o seu recoñecemento de decembro ás mulleres que traballan no sector agrogandeiro baixo o lema “As pastoras da igualdade”. A homenaxeada é a pastora Elvira Pérez Vilanova, nada na Bola, pola súa traxectoria marcada polo esforzo, a constancia e o arraigo ao territorio, valores que simbolizan o papel esencial das gandeiras na provincia.
Elvira Pérez leva dende 1994 á fronte dunha explotación que hoxe conta con 190 ovellas, froito dun traballo diario no que “cómpre erguerse de madrugada e non hai días libres”. Como ela mesma explica, levantar unha granxa dende cero require un gran investimento de tempo e recursos, ademais dunha vontade firme para superar as dificultades dun sector esixente e poucas veces recoñecido.
A deputada de Igualdade, Teresa Barge, destacou que “manter os rabaños nos montes” é hoxe máis importante ca nunca, “especialmente trala vaga de lumes vivida este último verán na provincia”. Subliñou que o traballo das gandeiras non só “garante alimento e vida no rural”, senón que tamén contribúe de “á prevención dos incendios, mantendo limpos os montes e protexendo o patrimonio natural”.
Barge reivindicou ademais o papel das gandeiras como “un acto de resistencia e de amor pola terra”, lembrando que grazas a elas “os montes seguen vivos, as aldeas manteñen a súa identidade e a provincia conserva a súa forza”. A deputada insistiu na necesidade de que as administracións poñan en valor este labor, porque estas mulleres representan tamén “a loita pola igualdade e pola dignidade do noso rural”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TRABAJADOR HERIDO
Evacuado en helicóptero al caerle encima unas pacas en A Bola
UN VECINO INCÓMODO
¿Por qué A Bola teme a Antonio Gali?
CONDENADO POR ASESINATO
La alcaldesa de A Bola pide calma a pesar de la presencia de Antonio Gali
Lo último
SANTO TOMÁS DE AQUINO
La UVigo entrega más de 200 premios al esfuerzo
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Lecciones de física ferroviaria
POPULAR Y ACCESIBLE
La “Carreira Pozo do Demo” está de vuelta en Verín