SOLO USOS IMPRESCINDIBLES
A Gudiña advierte a sus vecinos sobre el uso del agua y avisa de posibles cortes
HORARIOS ELIMINADOS
Os deputados do Partido Popular no Congreso pola provincia de Ourense, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana, veñen de rexistrar unha pregunta parlamentaria na que reclaman a RENFE e ao Ministerio de Transportes a recuperación en xaneiro das paradas do AVE na estación de alta velocidade da Gudiña-Porta de Galicia que foron suprimidas o pasado 9 de xuño.
Na súa argumentación, os populares falan dun “disparate de horarios, inútiles e discriminatorios para os habitantes do rural, pois antes do 9 de xuño os usuarios da estación podían coller un tren AVE e chegar a Madrid ás 10,34 horas, e realizar actividades na capital”.
A consulta vén a raíz dunhas declaracións recentes do ministro de Transportes e Movilidad Sostible, Óscar Puente, nas que asegurou que “en breve” anunciarían unha nova frecuencia pola mañá de comunicación vía alta velocidade con Zamora.
Celso Delgado afirma que “esa solución deberá beneficiar a estación da Gudiña, onde toman trens miles de usuarios das comarcas de Monterrei, Viana, Valdeorras, Trives, Conso-Frieiras, e A Limia”. Se finalmente RENFE e Transportes rectifican, será pola “enorme presión exercida polas plataformas de usuarios e os representantes políticos e sociais das comarcas”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SOLO USOS IMPRESCINDIBLES
A Gudiña advierte a sus vecinos sobre el uso del agua y avisa de posibles cortes
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 28 de junio
Jaime Noguerol
Bienvenido al calabozo
BIENESTAR LABORAL
Los agentes sociales se ponen al día con la gestión de bajas en Galicia