AGRICULTURA E INNOVACIÓN
El programa de la VII Feria del Agro de A Limia o Alimagro ensalza la patata
Un acto vandálico tivo lugar no concello de Sarreaus, onde os indicadores coa explicación e os códigos QR do xogo de pistas do CDR O Viso foron arrincados da parede.
No ano 2021, e con este titular, “Pobo - escola: aprender no pobo, do pobo, o pobo. Unha proposta actualizada con códigos QR”, o CDR lanzaba esta proposta.
“Esta é unha oferta máis do CDR para coñecer o noso medio rural, a nosa cultura concreta e particular. Contra a indiferenza, o desprezo e a condena dos saberes que endexamais foron valorados, como moitas culturas dos olvidados e excluídos fronte á imposición dun modelo cultural presentado como universal, queremos realzar estas diferenzas que nos fan singulares (en todos e cada un dos lugares) porque a pluralidade enriquécenos. A veces só necesitamos que alguén nos axude a mirar”, explican dende o CDR O Viso.
Esta actividade, un xogo para todas as idades, consiste en facer un percorrido polo pobo de Lodoselo seguindo un itinerario con paradas ao longo de 12 puntos, seguindo as pegadas, nas que están colocados uns códigos QR.
“O obxectivo principal é pasalo ben con esta proposta e, á vez, ofrecer que se coñeza este mundo no que vivimos”, sinalan desde o CDR. En cada un dos 12 puntos do percorrido hai unha placa no que están indicados o número da pegada e un código QR.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
AGRICULTURA E INNOVACIÓN
El programa de la VII Feria del Agro de A Limia o Alimagro ensalza la patata
Lo último
GUITARRAS Y DIVERSIÓN
Galería | El Our Fest convierte Expourense en el epicentro del rock alternativo
BALONCESTO OURENSANO
🔴 Directo | El COB se enfrenta al Palencia en la final de la As Burgas Basket Cup