Agricultores de A Limia reclaman a zona catastrófica polos danos da choiva
INTENSAS CHOIVAS
O agro limiao pide declarar comarca “zona catastrófica”. Adegal reuniuse coa delegación da Xunta para buscar solucións a unha “crise sen precedentes”
Representantes da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia (Adegal) mantiveron recentemente un encontro en Ourense co delegado territorial, Manuel Pardo, e mais co xefe territorial de Medio Rural, José Antonio Armada, co fin de trasladarlles as súas peticións en nome do sector primario. Ademais, aproveitaron a ocasión para detallar as medidas que propoñen adoptar con urxencia debido a unha “situación excepcional” na bisbarra limiá, derivada fundamentalmente da imposibilidade de colleitar a pataca a causa das últimas choivas persistentes.
Ao longo da reunión, os voceiros de Adegal deron conta ante os representantes da Xunta dunha “crise sen precedentes”, que segundo eles “pon en risco numerosas explotacións, empresas vinculadas ao tecido primario e á economía da comarca”, cuxos motores principais son a agricultura e a gandeiría.
Respecto da colleita da pataca, a asociación pide axuda directas para o sector debido aos asolagamentos, xa que estiman que “un 60%” quedará sen colleitar, polo que piden un adianto da PAC para as explotacións afectadas. Dentro da Política Agraria Común tamén propoñen establecer axudas á compra de abonos ou sementes.
Adegal pide tamén que se estableza un mapa de zonas asolagadas, para poder “compensar os cutos de produción con axudas directas en cada expediente”. Os representantes da asociación aseguran que isto provocará que se deixen de sementar “10.000 hectáreas de cereal de inverno”, o que provocará “o abandono deste cultivo”.
Medidas propostas
Entre as medidas que Adegal propuxo para a súa “execución inminente”, están a limpeza de canles e autorización de limpeza aos agricultores dos terciarios, a declaración da zona como catastrófica, exencións fiscais e do IBI, así como a redución dos índices de rendemento, IRPF e Seguridade Social.
Segundo Adegal, os representantes da Xunta tomaron nota de todo o proposto para darlle traslado aos departamentos competentes en cada materia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
50 JÓVENES EN LA CONVOCATORIA
PP de Ourense constituye la primera agrupación de Novas Xeracións en la comarca de A Limia
Lo último
65% MENOS EN 10 AÑOS
La cifra de ourensanos que emigra se reduce a 218, el mínimo histórico
Antonio Nespereira
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Mi madre y el cuco, y otras aves