AGRICULTURA E INNOVACIÓN
El programa de la VII Feria del Agro de A Limia o Alimagro ensalza la patata
Como xurdiu a posibilidade de presidir esta asociación?
Ata este momento era vocal. O anterior presidente cumpriu 30 anos e era necesario renovar os cargos ao ser unha asociación xuvenil. Houbo unha votación e saín elexida como presidenta.
De que xeito afronta vostede esta nova etapa?
Fíxome moita ilusión ser elexida como presidenta. Trátase dunha asociación na que xa estaba implicada e que a xente confiara en min pois foi moi gratificante.
Cales son os primeiros pasos que quere dar dende a primeira liña desta agrupación?
Dende o punto de vista de programación de actividades temos unha quincena para este verán. Temos que involucrarnos moito co obxectivo de garantir todas as medidas de seguridade. Tamén queremos continuar coas iniciativas que viñamos desenvolvendo ata o momento. A nosa prioridade é darlle vida a todo o Concello de Vilar de Barrio, involucrando a todas as aldeas colindantes. Programamos actividades dende a xuventude para a xuventude coa colaboración do Concello e da Asociación Cultural.
É vital para os concellos do rural que haxa iniciativas como a vosa.
É fundamental prestar atención aos mozos e as mozas. No rural non somos tantos e xa que no verán temos tanta xente xoven é necesario aproveitala, crear grupos e facer actividades para socializar. A xuventude implícase moito no que organizamos. As nosas actividades son un cebo para que os veciños manteñan a ilusión por vir no verán.
Como se consigue involucrar á xente máis nova?
Temos a sorte de que moita xente vén a pasar o verán a Vilar de Barrio, pero tamén tratamos de facer actividades que verdadeiramente motiven: concertos, monólogos e, este ano, como novidade, temos xornadas STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).
É un pobo unido?
Si. En agosto vén moita xente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
AGRICULTURA E INNOVACIÓN
El programa de la VII Feria del Agro de A Limia o Alimagro ensalza la patata
Lo último