O albergue de Sandiás mellora a súa accesibilidade
Alén aproveitou o seu desprazamento ata Sandiás para conversar co seu rexedor, Felipe Traveso, sobre asuntos de actualidade municipal.
O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, achegouse ata o municipio de Sandiás para coñecer as melloras que se están ultimando no seu albergue de peregrinos no marco do Plan director do Camiño de Santiago que remata este ano e que conta, entre as súas liñas estratéxicas, coa conservación e mantemento de todas as infraestruturas asociadas ao Camiño, incluidas as de acollida. Neste senso, A Vía da Prata é o segundo itinerario con maior número de actuacións, con obras en cinco albergues -Ourense, Sandiás, Vilar de Barrio, Xinzo e Xunqueira de Ambía- que supoñen un investimento total de 90.000 euros.
As obras en Sandiás están a piques de rematar e inclúen a mellora do pavimento dos baños, a aplicación de esmalte nos compoñentes da carpintería da madeira interior, a colocación de zócalos de aluminio e topes na mesma carpintería e a adaptación do baño, así como a instalación dun sistema de alarma.
Alén aproveitou o seu desprazamento ata Sandiás para conversar co seu rexedor, Felipe Traveso, sobre asuntos de actualidade municipal. O delegado territorial puxo en valor os recentes investimentos da Xunta neste concello, como o da Consellería de Medio Rural, de 40.401 euros, dentro das axudas do Plan de mellora de camiños municipais e de acceso a parcela agrícolas; o de Medio Ambiente, de 2.999 euros, dentro das axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable; a proposta de Presidencia de 30.000 euros destinados á eficiencia enerxética, redución da contaminación lumínica e protección dos ceos nocturnos en Couso de Limia e a de Augas de Galicia de 50.000 euros para as obras de abastecemento, saneamento e depuración en Vilariño das Poldras.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este domingo, 21 de diciembre, en Ourense
EN CONFIANZA
Carlota Cao, doble premio por su joyería artística
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman