NUEVO VEHÍCULO
Vilar de Santos y Allariz mejoran la gestión de basura
A través do proxecto Alumar, o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, converteuse en intermediario entre 23 persoas que pasan o Nadal en situacións moi próximas á soidade e outras tantas que quixeron armarse de amor e sentimento de comunidade para combater esa situación.
“Os 23 regalos voaron das máns amigas dos veciños solidarios cara as casas onde se apagara a luz do Nadal grazas ao paporrubio, o paxaro que simbolizou a vitalidade e a cor no tempo das xeadas”, comentaban dende o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, que quere agradecer a xente da Limia, mostrando unha peza audiovisual que verá a luz hoxe ás 12,00 horas nas súas redes sociais. Participaron, ademais das 46 familias conectadas, diferentes áreas de traballo do CDR como a educativa, o servizo de comedor nas casas, o proxecto Biocoidados ou o equipo de Comunicación.
O proxecto Alumar, que rematou o final de ano, foi financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, na subvención destinada á realización de programas de interese social.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NUEVO VEHÍCULO
Vilar de Santos y Allariz mejoran la gestión de basura
Competencias discutidas
Los regantes de A Limia reclaman la puesta a punto de los canales
Lo último
INVESTIGACIÓN POLICIAL
El juez reclama identificar al autor de las joyas de Zapatero
RESPONSABILIDADES POLÍTICAS
❌ ✅ Encuesta | ¿Crees que la dimisión de Óscar Puente es suficiente?
"LA CULPA NO PUEDE MORIR SOLA"
Óscar Puente dimite tras 4 horas de comparecencia sobre su gestión y dos accidentes ferroviarios que suman 114 muertos