QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
”Cadernos da Limia: Paisaxe, Identidade e Memoria”, de Blas González inaugurouse o pasado sábado 18 de novembro na Casa de Cultura do concello de Sandiás. A mostra poderá visitarse ata o 14 de xaneiro. Consiste nunha serie de mais de 130 retratos de persoas da Limia, tomados entre os anos 2017 e 2022, e que constitúen o eixo central da triloxía “Cadernos da Limia”, no que pretende ser unha “cartografía humana” da comarca da Limia.
Podería contarnos cómo comezou iste proxecto fotográfico?
O tema central son os retratos que estiven facendo durante 5 anos. O proxecto é unha especie de triloxía, comeza co tema da paisaxe, eu achégome a Limia en busca da Lagoa ausente que me relataban na miña familia. A miña nai é de Balonzás, marchou moi nova para Venezuela, en 1955. Cando se foi iba cunha imaxe da Lagoa sen desecar. Comezou a desecarse a finais dos anos 50, principios dos 60. Despois de que regresaramos de Venezuela, instalámonos en Vigo porque ela casou cun mozo de Vigo. Quedamos desvinculados da Limia. A miña nai sempre me relataba moitas cousas da Lagoa de Antela. A min picoume a curiosidade por coñecer o tema da Lagoa e no ano 2017 eu comezo o proxecto de paisaxe dos Cadernos da Limia. Eu vou a procura da Lagoa e isto da inicio ao proxecto, que comeza cunha primeira parte que se chama “Cadernos da Limia: Notas dunha lagoa ausente”.
Como continuou despois esta idea?
Cando comecei co proxecto, prácticamente todas as fotografías estaban feitas nas zonas das Areeiras sen vida. Por iso eu decido facer unha segunda parte que é como unha cartografía humana, un pouco inspirado no proxecto de Agust Sander, un fotógrafo alemán dos anos 20, fixo unha especie de fotografía de persoaxes da Alemania no periodo de entreguerras. Máis ou menos coa mesma inspiración, cun retrato frontal eu inicio a segunda parte deste proxecto que se chama “Cadernos da Limia: Civitas Limicorum”.
En qué consiste a terceira parte?
A terceira parte chámase “Cadernos da Limia: Interseccións”, e consiste un pouco na manipulación de arquivos, fotografía antiga, intervida… que tamén está representada na exposición. Na exposición a triloxía está toda representada aínda que a primeira parte e a terceira só mínimamente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
DIVULGACIÓN INDUSTRIAL
La geología de A Limia, al descubierto en una ruta
SEGURIDAD EN EL CAMPO
Refuerzo de vigilancia por robos en el regadío en A Limia
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
Lo último
VIRXE DA LUZ
Festa da Luz y Danza das Cocas en Santa Tecla
RESPONSABLE DE LA WEB DEL DSN
El Gobierno cesa a un cargo del Departamento de Seguridad Nacional tras publicar la cifra de entradas a Ceuta