QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
Que é o dano cerebral adquirido?
É unha discapacidade que non ten tanta traxectoria como poden ter outras porque nace a partir de que o sistema sanitario avanza. As causas que o poden provocar poden ser internas ou externas. As primeiras son o ictus, un tumor cerebral, as anoxias cerebrais ou unha infección como pode ser a meninxite. Logo están os traumatismos, sobre todo os derivados de accidentes de tráfico ou laborais.
E as súas secuelas?
Hai un grande abano e poden ser visibles ou invisibles. O grupo vai dende as físicas e motoras, como unha hemiplexia ou fallo de coordinación, ata outras cognitivas vencelladas a un deterioro da memoria ou conductuais. Hai tamén secuelas vencelladas aos cinco sentidos e ás emocións. Moitas veces as persoas afectadas poden presentar depresión, ansiedade ou tristeza.
Existe un descoñecemento xeneralizado entre a sociedade sobre esta discapacidade?
Si que hai. Moitas veces a xente sofre un ictus e queda na casa, non acude ás entidades ou a rehabilitar esas secuelas moitas veces invisibles. O ictus causa case o 80 por cento dos casos de dano cerebral, seguido dos traumatismos craneoencefálicos producidos por accidentes de tráfico. Ademais, é a principal causa de mortalidade para as mulleres en Galicia e en España, e a segunda dos homes.
Que causa un ictus?
Hai doenzas relacionadas coa presenza do ictus como a hipertensión arterial, colesterol ou diabetes. Outros factores son a obesidade, o sedentarismo, o consumo de alcohol, tabaco e drogas; ou o estrés. Estos factores podemos correxilos con boas prácticas e control. É importante facer deporte e moverse, así como ter unha boa alimentación. Outros factores non se poden modificar: son a idade, que aumenta as posibilidades, ou os antecedentes familiares.
Existen na sanidade pública unidades específicas para o tratamento da discapacidade como crónica?
Na fase aguda si que entran os servizos hospitalarios en acción, pero na fase subaguda, cando hai que tratar as secuelas, soamente hai tratamento nas físicas e motoras. Pero nós reclamamos que haxa máis atención e profesionais como neuropsicólogos ou terapeutas ocupacionais no sistema público.
Dende a federación corrixen un pouco esa falta.
Temos cinco asociacións na comunidade, unha delas en Ourense. As persoas con dano cerebral adquirido poden solicitar unha entrevista na que se valorará cada caso e os servizos aos que poden acceder. Temos fisioterapeutas, psicólogos, traballadores sociais ou neuropsicólogos, pero reclamamos unha estratexia de atención ao dano cerebral, un impulso á investigación, un código de diagnose de dano cerebral adquirido e equipos interdisciplinares públicos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
DIVULGACIÓN INDUSTRIAL
La geología de A Limia, al descubierto en una ruta
SEGURIDAD EN EL CAMPO
Refuerzo de vigilancia por robos en el regadío en A Limia
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
Lo último