QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
Situacións de vulnerabilidade
O CDR O Viso continúa desenvolvendo os itinerarios de inclusión social e laboral, mediante os cales apoiaron a máis de cen familias ó longo do último ano en situacións vulnerables. Entre as persoas con permiso de traballo activo que participaron neste proxecto, acadaron unha taxa de empregabilidade do 60%, o que supón un 30% do total no que se inclúen as persoas que non contaban cunha situación regular.
Durante os máis de nove meses que adoita durar o programa, a maioría das persoas reciben máis de dez sesións de atención presencial, complementadas cos seguimentos necesarios. Esta área de inclusión conta con profesionais de distintos eidos ó servizo das persoas e familias en situacións desfavorecidas.
Paula Blanco, traballadora social do CDR O Viso, explica que “construímos plans individualizados para poder adaptarnos ás circunstancias específicas de cada persoa ou familia”. Camilo Vila, pedagogo do CDR O Viso, engadiu que “polo que máis apostamos é polo traballo interdisciplinar, todos participamos na avaliación de tódalas situacións”.
“Estamos nunha situación de incerteza pola transición”, comenta Camilo sobre a nova normativa, “é lóxico que haxa dúbidas, pero a xente que está chegando á nosa comarca está en disposición de buscar emprego”, xa que a maioría chega nunha situación laboral regularizada dende o primeiro momento. “Son persoas que lle veñen xenial ó mercado laboral da Limia, porque tapan as eivas que temos”, aclarou Camilo. O sector primario e a construción son os mercados nos que máis traballo atopan.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
DIVULGACIÓN INDUSTRIAL
La geología de A Limia, al descubierto en una ruta
SEGURIDAD EN EL CAMPO
Refuerzo de vigilancia por robos en el regadío en A Limia
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
Lo último
La Región
Ceuta: Cárcel En una tierra africana
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 4 de agosto
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 4 de agosto
ARCHIVO SIN PREJUICIO PATRIMONIAL
Cuentas archiva la denuncia del PSOE por la gestión de la Sanidad madrileña