GASTOS DE PRODUCCIÓN
El estrés hídrico hace mella en la agricultura de A Limia
POLÉMICA
O Partido Popular de Sandiás rexistrou un escrito no Concello sinalando "a preocupación do grupo popular porque non se respecten as normas de utilización dos equipos e bens municipais" despois de "constatar" a presenza dun vehículo Pick Up de titularidade municipal, nas festas na honra de San Antonio en Couso de Limia durante o pasado sábado 17 de xuño.
Os populares sinalan que o vehículo estaba "estacionado no campo da festa" desenvolvendo "o que parecía ser unha actividade calificada como de bar", xa que no interior "podíanse ver grandes cantidades de refrescos, bebidas con alcohol e cubiños de xeo". Tamén apuntalaron a presenza do rexidor local Felipe Traveso, ao que piden explicacións sobre esta cuestión.
Pola súa banda o alcalde de Sandiás dixo que "foi algo anecdótico", xa que a comisión non tiña bar e "no último momento" solicitaron crear este servizo "que demandaban os veciños". Neste sentido sinalou que o conductor do vehículo era un traballador municipal membro da comisión de festas e que o facturado esa noite destinouse a pagar os gastos da festa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GASTOS DE PRODUCCIÓN
El estrés hídrico hace mella en la agricultura de A Limia
RECURSOS DEL TERRITORIO
El territorio Limia-Arnoia esgrime sus “25 motivos”
SUBIDA VERTIGINOSA
La subida del coste del gasoil pone a la comarca de A Limia en jaque
Lo último